Info
Que facemos?
Fotógrafo profesional en Galicia, estudio en A Estrada, Pontevedra. Desplazámonos a calqueira lugar solemos realizar fotografías de: arquitectura, Industrial, publicidad, editorial e social.
Medios
Dispoñemos das últimas tecnoloxías dixitais pero gustanos seguir traballando coas ferramentas analóxicas de sempre, temos laboratorio propio, escaner e ploter Epson P9000 para impresión de fotografías.
Editorial / Arte
Publicamos libros, os nosos e os de outros autores, asesorando na súa forma e contidos. Producimos exposicións dende a selección do papel, enmarcado e montaxe en sala.
Bio
Fotógrafo de prensa e documental desde o ano 84, traballou en diversos medios de comunicación: Faro de Vigo, El Correo Galego, agencia EFE, El Pais, El Mundo así como tamén nas revistas Interviu e Tiempo.
A partir do ano 2006 inicia unha nova etapa como fotógrafo independente, poñendo en marcha un estudio de fotografía na Estrada onde realiza os diversos traballos profesionais no ámbito da fotografía industrial, publicidade, moda, arquitectura, editorial e documental. Así mesmo crea o primeiro banco de imáxes especializado en Galicia e online: http://www.tonoarias.es
No ano 2012 inicia o proxecto “DISPARA” un espazo web http://www.dispara.org , e físico, sito en A Estrada que é unha galería de artes visuais, librería especializada en fotolibros e editorial. Este espazo está destinado a reunir traballos fotográficos de carácter documental e artístico, e a servir de punto de encontro entre autores para fomentar o desenvolvemento de proxectos culturais, relacionados coa fotografía.
Ten comisariado as exposicións colectivas “welcome to galicia” (sobre o formato impreso da postal) , “Livres” (en torno a edición de fotolibro internacional) ou Lumes para o colectivo Ollo e Abanca (2023)
Actualmente forma parte da recen creada A COLECTIVA asociación de artistas de Galicia.
Exposicións e fotolibros
FOTOLIBROS
-Libro de autor “NÓS” seleccionado para mejor libro de fotografía PHOTOESPAÑA 2013 -”a barreira invisible” 2015 -Proxecto arredor do entroido en Galicia: “ENCARNADOS” tres fotolibros “ENCARNADOS”, “DESXEO” e “PRETO” xunto a unha colección de postais -RAZA fotolibro 2021 (premio Eloi Gimeno 2022) -Veñen Corvos Voando Baixo (premio Mallorca de fotografía contemporánea)
Premios
“ENCARNADOS” Film Premio especial del jurado Festival de Curtas de Verín
Premio Eloi Gimeno 2022 libro “Raza”
Premio Mallorca de fotografía Contemporánea 2023 proxecto “Veñen Corvos Voando Baixo”