Do . Re . MiRa . Sol . La . Si
Relato musical periférico
Do,Re,MiRa,Sol,La,Si / é a nova serie realizada por Tono Arias na aldea galega de Sabucedo o longo dos últimos anos.
O primeiro fin de semana de xullo desenvolvese alí a famosa Rapa das Bestas, o aforo para poder ver o espectáculo e limitado e a xente que non pode entrar intenta ver desde algún lugar o que acontece no curro.
«Sempre tiven interese pola periferia, o que acontece no que rodea o que se supón que é o suceso relevante (o que se denomina en fotografía “instante decisivo”), nesa zona de suposta apatía visual está o que eu considero o punctum do meu traballo, o silencio.»
Este proxecto quere ser un ensaio fotográfico-musical: un retrato amplo da sociedade na que vivimos e das súas múltiples identidades. Proponse como unha visión subxectiva do real, mais tamén como un experimento cargado de sentido do humor, un xogo constante entre a realidade cotiá e o fantástico, entre o máxico e o real, que se achega ao realismo máxico.
«A fotografía é unha canción conxelada, mentres que unha canción e unha imaxe sonora que se despregan no tempo, ambas capturando “imaxes” da vida.»
-Reflexións acerca dos textos de Roland Barthes-
Música
«Sinfonía do silencio», de John Cage, obra 4’33”
Do,Re,MiRa,Sol,La,Si / Tono Arias
Deseño/Fotografías Tono Arias
Encuadernación leporelo hecho a mano
Impreso en Galicia
Papel Arena Natural 200gr.
200 copias
12x16 cm
48 imágenes
ISBN:9788412915310
DL PO 427-2025